Blogia
vgomez

IMPACTO DUNHA ROCHA NA LÚA

 

Unha rocha que chocou contra a Lúa o pasado 11 de setembro, produciu un fulgor case tan brillante como a estrela polar. Foi observado por investigadores da Universidade de Huelva e o Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA, do CSIC), que o anuncian agora, tras as análises realizadas, na revista científica Monthy Notices de la Royal Astronomical Society británica .

O obxecto tería un diámetro de entre 0,6 e 1,4 metros, cunha masa duns 400 quilos, colisionou a 61.000 km/h e fixo un novo cráter no chan lunar de 40 metros de diámetro. O fulgor durou oito segundos, polo que é "o máis longo e intenso que se observou ata agora", recalcan os investigadores.

A colisión produciuse no Mar das Nubes (Mare Nubium), unha antiga conca lunar de lava solidificada de extensión similar á da península Ibérica, e a enerxía implicada no choque foi equivalente á detonación dunhas 15 toneladas de TNT, polo que os científicos estiman que foi polo menos tres veces máis potente que o maior impacto detectado ata agora na Lúa, en marzo do ano pasado.

"Estes impactos prodúcenos, maioritariamente, fragmentos de cometas e asteroides que xiran arredor do Sol e que, tecnicamente, se coñecen como meteoroides", explican os expertos do IAA, que presenta a investigación cun vídeo de divulgación, que podedes amosar na parte superior. "A Terra posúe unha atmosfera protectora que evita que a maioría das meteoroides que impactan contra ela alcancen o chan, pero a Lúa carece dese escudo e ata os fragmentos máis pequenos poden chocar contra a superficie e producir cráteres". O choque xera unha súbita elevación de temperatura que dá lugar ao fulgor (normalmente dunha fracción de segundo).

O estudo de impactos na Lúa permite calcular a frecuencia coa que colisionar estes obxectos coa Terra e a investigación   conclúe que os impactos de rochas de tamaño similar ao da última que impactou na Lúa podería ser dez veces superior ao que moitos expertos viñan estimando.

FONTE: Xornal El País/Ciencia 

0 comentarios