Blogia
vgomez

O DINOSAURO NARIGÓN DE CARA CORNUDA

O DINOSAURO NARIGÓN DE CARA CORNUDA

Nasutoceratops” / Imaxe: phenomena.nationalgeographic.com  

Medía cinco metros de longo, tiña un nariz inmenso e lucía unha espectacular cornamenta. Así era o impoñente “Nasutoceratops titusi” (que significa “narigón de cara cornuda”), o novo dinosauro da familia dos triceratops que se atopou no deserto de Utah.

O dinosauro foi descuberto en 2006, pero necesitáronse varios anos para estudar o fósil con detemento. A partir desta detallada análise, recén publicado na revista Proceedings of the Royal Society B  , estimouse que os restos datan de hai uns 76 millóns de anos aproximadamente, o que indica que viviu na Terra durante o período Cretáceo.

O especimen hervíboro de 2,5 toneladas atopouse nunha zona que formaba parte dun continente chamado Laramidia no territorio que hoxe é Norteamérica, unha zona que se converteu nunha auténtica mina para encontrar fósiles de dinosauro nos últimos anos.

O “Nasutoceratops” non se encontrou só, senón que tamén se acharon restos doutros tipos de dinosauros con cornos e carnívoros, o que indica que convivían todos xuntos nun mesmo ecosistema.

O achado sorprendeu os seus descubridores, que nunca viran un especimen con istes trazos. O impresionante cranio do novo dinosauro expoñerase de xeito permanente no Museo de Historia Natural de Utah.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios