Blogia
vgomez

NANUQSAURUS HOGLUNDI: O DINOSAURO ANANO DE ALASKA

NANUQSAURUS HOGLUNDI: O DINOSAURO  ANANO DE ALASKA

Ilustración do dinosaurio anano de Alaska “Nanuqsaurus hoglundi” / KAREN CARR

O Tiranosaurio Rex tiña un primo anano adaptado a vivir no Ártico. O seu cranio medía pouco máis de 60 centímetros de longo fronte ao metro e medio do carnívoro máis famoso entre os dinosauros e sería un animal adaptado a vivir nas condicións difíciles do extremo Norte. A esta conclusión chegan os paleontólogos que analizaron uns fósiles do cranio dun dinosauro de hai 70 millóns de anos achados no Norte de Alasca e que, dadas as súas características, inclúen na familia dos tiranosauros, aínda que se trate, afirman, dunha especie nova que bautizaron Nanuqsaurus hoglundi.

Os fósiles do novo tiranosauro foron recollidos no norte de Alasca en 2006 e estaban incrustados en bloques de rocha; leváronse ao Museo de Dallas e onde os especialistas os sacaron e limparon. Actualmente expóñense na devandita institución. Son tres pezas dun cranio incompleto: un fragmento do maxilar, outro da parte superior do cranio e o terceiro da cara.

Non cabe sospeitar que puidese ser unha cría, xa que polas características dentais, o novo exemplar era todo un animal adulto, explican os investigadores no seu artigo publicado na revista PlosOne.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios