Blogia
vgomez

O PEIXE POLYPETERUS DESVELA O SALTO DA VIDA ACUÁTICA Á TERRESTRE

Un peixe  camiñante Polypterus senegalus desvela o salto da vida acuática á terrestre / Víedo: nature.com

 

Hai aproximadamente 400 millóns de anos, un grupo de peixes comezou a explorar a terra, dando lugar aos tetrápodos anfibios, que máis adiante se converterían nos réptiles, aves e mamíferos de hoxe en día. Non obstante, a evolución anatómica da vida mariña cara á terrestre segue sendo un misterio para os científicos.

Para tratar de resolver esta incógnita, investigadores da Universidade McGill (Canadá) estudaron o Polypterus senegalus, un peixe que vive en África e que ten a capacidade de respirar o aire e "camiñar" na terra, moi parecido aos antigos peixes que evolucionaron en tetrápodos.

Os investigadores trasladaron a un exemplar de Polypterus á vida terrestre durante case un ano para ver a súa evolución, o movemento do peixe foi diferente en terra, segundo publican os autores do estudo na revista Nature.

O peixe mostrou cambios anatómicos e conductuais significativos. Camiñou sobre a terra eficazmente colocando as aletas pegadas ao seu corpo e erguendo a cabeza. "Anatomicamente, o seu esqueleto pectoral fíxose máis alongado con unións máis fortes a través do seu peito, posiblemente para incrementar o apoio ao camiñar. Tamén se observou unha diminución do contacto co cranio para permitir potencialmente un maior movemento da cabeza ou o colo. Debido a que moitos dos cambios anatómicos quédanse reflectidos no rexistro fósil, podemos formular a hipótese de que os cambios de comportamento que vemos tamén reflicten o que puido acontecer cando os peixes fósiles camiñaron por primeira vez coas súas aletas sobre a terra", explicase no estudo.

A investigación que adaptou ao peixe Polypeterus á vida terrestre é única, co cal, este experimento ofrece novas ideas sobre como os peixes fósiles puideron utilizar as súas aletas nun ambiente terrestre e que procesos evolutivos estaban en xogo.

"Este é o primeiro exemplo que coñecemos que demostra como a plasticidade do desenvolvemento puido facilitar unha transición evolutiva a grande escala, mediante o acceso a novos comportamentos e anatomías que máis tarde poderían chegar a integrarse xeneticamente por medio da selección natural", conclúe o estudo.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios