A HUMANIADE TERÍA MARCADO XA A SEGUINTE ERA XEOLÓXICA DA TERRA: O ANTROPOCENO
Tuneladora xigante / imaxe: Arnd Wiegmann/REUTERS
Pódese falar con certeza do marco distinto que deixa a humanidade na Terra, pero aínda non está oficialmente recoñecida a época xeolóxica do Antropoceno, xa que carece dunha data de inicio oficial e dunha explicación detallada e cientificamente reforzada, informa “Business Insider”. Polo momento toda a historia moderna dos humanos na Terra cabe no período do Holoceno, que dura xa máis de 12.000 anos.
Pero os rastros característicos da presenza humana no planeta, como o plástico e o chumbo no chan, ou a abundancia de hidrocarburo aromático policíclico (elemento proveniente da combustión de fósiles e biomasa), experimentaron un crecemento explosivo nos últimos séculos ou mesmo as últimas décadas e, de feito, xa marcan unha xeoloxía moi distinta do Holoceno na historia terrestre.
Por outra banda, hai unha actividade da especie humana que marca un cambio único e irreversible que data de tan só dous séculos. No auxe da Revolución Industrial os humanos empezaron a cavar activamente a terra en busca de recursos, aumentando considerablemente a profundidade das súas prospeccións respecto aos séculos anteriores. Este proceso acelerouse enormemente nos anos 50 do século XX, xa que a industria esixiu, e permitiu, escavar pozos enormes.
Ningunha outra especie penetrou a terra de igual xeito. O período de escavacións quedará marcado na xeoloxía da Terra para sempre, permitindo a un xeólogo dun futuro afastado ver cando empezou exactamente o Antropoceno e que particularidades o caracterizan.
FONTE:rt.com/ciencia
0 comentarios