EXPLOSIÓN CÓSMICA
Recreación da estrela ao bordo do buraco negro / "Science"
Un buraco negro "engulíu" a unha estrela nunha das maiores e brillantes explosións cósmicas observadas ata o momento, segundo a conclusión á que chegaron medio cento de astrónomos de todo o mundo, que publican os seus resultados en dous traballos na revista "Science" desta semana.
O fenómeno producíuse nunha afastada galaxia situada a uns 3.800 anos luz da Terra, que é o tempo que tardou en chegar ata nós a súa luz. O pasado 28 de marzo, observouse unha radiación extremadamente brillante procedente da galaxia Dragón. Fronte a outras explosións similares, que duran minutos, neste caso os intensos raios X e Gamma duraron semanas e en 48 horas reactiváronse ata tres veces.
Segundo explican, a estrela era 10 veces máis pequeña que o Sol, pero o buraco negro ten unha masa 10.000 millóns de veces maior.
A primera pista do que estaba o acontecendo captouna o satélite espacial Swift da NASA, pero unha vez lanzada a alerta seguíuse a observación do fenómeno cos mellores telescopios do mundo, entre eles o Gran Telescopio de Canarias, o Keck de Hawaii, ademais dos espaciais Hubble e Chandra.
Os expertos coinciden en explicar o fenómeno: Trátase dunburaco negro no centro desta galaxia que, aínda que permanecera inactivo ata entón, entrou en actividade cando unha estrela pasou preto do seu centro de gravedade e atraéuna, ata desmenuzala e "tragala" en espiral, como cando a auga vaise polo desaugadoiro.
FONTE: El Mundo
0 comentarios