MELANOMA
Anatomía da pel que mostra a epiderme e a derme. Os melanocitos están na capa das células basais, na parte máis profunda da epiderme. / Imaxe:www.cancer.gov
Cando chegan estas datas, propias case do verán, os medios de comunicación bombardéannos co problema do melanoma. Pero que é?
O melanoma é un tipo de cáncer de pel que aparece cando as células chamadas melanocitos convírtense en malignas. Estas células elaboran un pigmento chamado melanina, responsable da cor da pel, do pelo e do iris dos ollos. A melanina, pola súa parte, funciona como un fotoprotector evitando que a radiación solar dane as estructuras ou os tecidos do corpo. Cando a pel se expón ao sol, os melanocitos producen máis melanina como defensa contra a acción dos raios ultravioleta (UV). Os lunares ou pecas aparecen cando os melanocitos medran en grupo.
Unha persoa ten entre 10 e 40 e, científicamente, chámanse nevus. Estes clasifícanse en dous grupos: nevus conxénitos, que poden ser de nacemento ou aparecer cos anos; e nevus adquiridos, que se desenvolven a partir do primeiro ano do nacemento e poden ser típicos ou atípicos. Os melanocitos multiplícanse e en ocasións exténdense a outras partes do organismo.
As metástases comenzan cando un grupo pequeno de células do tumor primitivo é transportado a outra zona e detéñense nun órgano onde medra e produce un tumor semellante ao orixinal. Para despexar as posibles dúbidas sobre a natureza maligna do tumor emprégase a biopsia, que consiste na extracción dunha mostra do tecido tumoral para analizalo. Desta maneira pódese confirmar o diagnóstico e establecer un tratamento adecuado.
Se falamos das súas causas, podemos dicir que aínda que son diversos os factores que o provocan, parece ser determinante ter tomado en exceso o sol durante a infancia, se ben pode aparecer en persoas de todas as idades. Localízase en todo o corpo, e maniféstase por novos lunares ou pecas que cambian de tamaño e aspecto. Hai unha serie de factores que aumentan o risco de padecer un melanoma, e estes determinan que existan grupos de persoas con maior probabilidade de desenvolvelo. Entre eles cabe destacar:
- Ter a pel ou o pelo claro
- Presenza de nevus atípicos.
- Presenza de nevus nunha cantidade superior a 40.
- Presenza de nevus congénitos.
- Ter antecedentes familiares de nevus atípicos, de melanoma ou de ámbalas dúas cousas.
- Ter sufrido unha ou máis queimaduras severas polo sol, especialmente se se produciron na infancia, pois o efecto da irradiación solar é acumulativo.
- Ter estado exposto moitas horas a raios ultravioleta (sol, UVB, UVA) aínda que teña a pel totalmente bronceada.
Á hora de falar da pevención, o sol constitúe o principal factor de risco para desenvolver un melanoma, polo que é recomendable tomar unha serie de medidas básicas á hora de exponerse aos raios solares. As persoas con melanoma deben seguir con especial atención as normas xerais para protexerse da radiación, xa que corren un maior risgo de desenvolver novos tumores. Para protexer a piel convén ter en conta os siguintes consellos:
- Protexe a túa cabeza, corpo e ollos con gorras, sobreiros, camisetas e gafas de sol de cristais específicos.
- Elixe un fotoprotector de índice adaptado ao teu tipo de pel. Aplíca sempre unha crema con factor de protección solar 15 ou máis alto se eres moreno/a, e máis de 20 se eres de pel clara. Para o rostro emprega protección total.
- Estende unha capa xenerosa 20 minutos antes de expoñerte ao sol e repite a aplicación cada 2 ou 3 horas, despois de sudar moito e tras cada baño.
- Durante o periodo estival procura estar á sombra dende ls 12 h. ata as 17 h., pois é cando os raios del sol caen máis perpendiculares sobre a Terra.
- Visita unha vez ao ano ao teu dermatólogo, especialmente se o teu fototipo é I e II, que corresponden á peles moi claras, se te queimaches moitas veces, se tes antecedentes familiares de melanoma e se sopeitas dalgún lunar.
FONTE:dmedicina.com / R. Ragazza
0 comentarios