CONSELLOS PARA AS CHAMADAS POR WHATSAPP
Nestas vacacións entrou un novo servizo de WhatsApp: chamadas. O servizo da popular aplicación de mensaxería instantánea realízase a través de internet. Substitúese a tradicional rede de telefonía grazas á tecnoloxía VoIP ou Voz sobre IP, que converte a voz en datos dixitais para poder transmitilos. Polo tanto, a cobertura, se falas moito ou pouco, os ruídos de fondo... farán que consumas máis ou menos datos.Ao ser un servizo que depende de internet, a calidade varía. Como é normal, en redes 4G funciona moito mellor que en 2G.
Outro aspecto que debes ter en conta é que, ás veces, hai retardo, a conversación sofre cortes, etc. Isto prodúcese porque o servizo, ao ter que converter a voz en bites, comprimir a mensaxe, envialo e volver descomprimilo para que o receptor poida escoitalo, pode ocasionar algún que outro pequeno inconveniente pero o servizo funciona con normalidade, sempre e cando teñas unha boa cobertura.
Evita, para ter unha conversación fluída, falar ao mesmo tempo que o teu emisor ou realizar chamadas nas que tanto un coma o outro sexan varias persoas porque todo iso supoñerá enviar maior número de datos á vez. Polo tanto, maior consumo.
Este servizo non ten un custo económico adicional pero si supón un gasto no consumo de datos. Polo tanto, debes vixiar moi ben o teu consumo tendo en conta o tipo de tarifa que teñas contratada. Por esta razón, é mellor realizar este tipo de chamadas cando esteas conectado a unha rede WiFi.
Segundo os primeiros cálculos, unha chamada dun minuto consume uns 500 kb. A diferenza das chamadas tradicionais, nas que só paga o emisor, nas de WhatsApp, tanto o emisor coma o receptor «gastan» datos. As chamadas perdidas, aínda que pouco, tamén consumen (100 kb, aproximadamente).
Hai compañías como Yoigo ou Vodafone que, nas súas tarifas máis económicas, non inclúen as chamadas IP. Fíxate, polo tanto, se no teu contrato están incluídas. En caso de non o estar, terías que comprar bonos de voz IP ou cambiar o contrato coa compañía.
Non fagas caso a aplicacións fraudulentas que circulan pola rede ou a correos electrónicos que cheguen á túa bandexa de entrada nos que che digan que tes que executar un arquivo adxunto ou instalarche algunha outra aplicación. O único que necesitas es instalarte WhatsApp ou actualizar a «app» desde Google Play coa última versión (2.12.5).
FONTE: Xornal abc/tecnoloxía
0 comentarios