Blogia
vgomez

HUMOR REAL: DEPENDENCIA DO MÓBIL

HUMOR REAL: DEPENDENCIA DO MÓBIL

 

O xenial Luis Davila publicou onte a súa viñeta no xornal Faro de Vigo, incidindo nun tema preocupante: a dependencia do móbil.

Se ata agora parecía que era cousa de altos executivos e da mocidade, cada vez é máis a xente que convive todas as horas do día con este trebello tecnolóxico. É un compañeiro inseparable e indispensable o que está a causar dependencia real.

Que levante a man quen é capaz de deixarse o móbil na casa e non ter un desexo irrefreable de volver a por el. Quen quedou sen batería unha tarde e non tivo a sensación de estar ilocalizable.

Quen non poida responder satisfactoriamente a estas preguntas, que quede con este nome: nomofobia. É o termo, abreviatura da expresión inglesa “non-mobile-phone phobia”, que os expertos puxeron ao medo a estar sen o teléfono móbil, e que parece ser a enfermidade do século XXI.

Penso que deberíamos de tomar en serio este tema!

0 comentarios