Blogia
vgomez

DESCOBREN 3 NOVOS EXOPLANETAS, UN DELES POTENCIALMENTE HABITABLE

Recreación artística do sistema planetario descuberto ao redor da estrela GJ 357 / TESS Media Office

En 1995 a comunidade científica celebraba o descubrimento do primeiro exoplaneta. Hoxe, case 25 anos despois, a cifra de exoplanetas descubertos ascende a máis de 4.000. Neles tivo unha especial contribución o telescopio espacial TESS da NASA, cuxos datos proporcionaron o descubrimento de tres novos exoplanetas que orbitan unha estrela a 73 anos luz da Terra, que foi anunciado esta semana.

A revista Astronomy & Astrophysics publica outro novo achado coa axuda do TESS. Trátase tamén de tres exoplanetas, un deles potencialmente habitable. O estudo foi liderado polo Instituto Astrofísico de Canarias (IAC) e o Instituto Max Planck de Astronomía de Heidelberg (Alemaña).

O achado comezou cando o satélite TESS detectou en febreiro a presenza dun exoplaneta (GJ 357 b) en tránsito, é dicir, un planeta fóra do sistema solar que escurece brevemente a luz da súa estrela ao pasar por diante dela en cada órbita.

Para confirmar a presenza deste novo corpo celeste, o equipo utilizou datos obtidos desde varios observadores terrestres, entre eles o de Calar Alto en Almería, que opera o instrumento CARMENES.

Os resultados revelaron que o exoplaneta orbitaba ao redor dunha estrela anana a 31 anos luz da Terra, á que denominaron  GJ 357. Localizada na constelación Hydra, ten ao redor un terzo da masa e tamaño do Sol e é un 40 % máis fría.

Durante o proceso, os investigadores descubriron dous mundos adicionais: GJ 357 c e GJ 357 d.

Dos tres  exoplanetas descubertos, GJ 357 d, o máis afastado da estrela, é o único que podería albergar vida.

O GJ 357 d orbita a súa estrela cada 55,7 días a unha distancia de preto do 20% da distancia da Terra ao Sol, e pesa, polo menos, 6,1 veces a masa do noso planeta. Aínda que o seu tamaño e composición son descoñecidos, un mundo rochoso con esta masa oscilaría entre unha e dúas veces o tamaño da Terra.

Outro dos novos  exoplanetas, o GJ 357 b, interesa aos autores pola súa atmosfera.

O GJ 357 b é un 22% máis grande que a Terra e orbita once veces máis preto da súa estrela do que Mercurio faino do Sol. Ten unha temperatura de ao redor de 254º C.

Estudar a composición detallada das atmosferas dos exoplanetas próximos será unha tarefa para o Telescopio Espacial James Webb (JWST), cuxo lanzamento está previsto para 2021. O CAB participa neste proxecto liderando o desenvolvemento de dous dos seus instrumentos, e para a nova xeración dos chamados telescopios terrestres «extremadamente grande» ELT (Extremely Large Telescopes) en construción.

FONTE: sinc/abc.es

0 comentarios