CRUCIGRAMA XIII
VERTICAIS: 1. Que ten mal xenio 3. Que é característico e propio dun país ou dunha rexión e que non está falseado, deformado ou mesturado con nada alleo 4. Porción pequena de algo que se toma para probar 6. Acto de abrazar ou cinguir cos brazos 7. Sentimento de afección, amizade, tenrura, simpatía etc., por alguén 8. Que non ve ben dun ollo ou dos dous 11. Demostración de cariño que se lle fai a unha persoa ou a un animal pasándolle a man suavemente pola pel ou polo pelo 12. Bolboreta nocturna da suborde dos heteróceros, de corpo arredondado e piloso, ás longas e estreitas, voo rápido e da que existen diversas especies 13. Pedra plana situada a pouca altura do chan, onde se fai o lume para cociñar, nas casas tradicionais, e sobre a que adoita ir colocada unha cambota 14. Estado de ánimo ou sentimento de pracer que produce un suceso favorable.
HORIZONTAIS: 2. Comida que sabe moi ben, en particular, unha cousa doce 5. Demostración de cariño que se fai a unha persoa con aloumiños e con palabras de afecto 9. Moi apropiado 10. Cousa mal feita, sen coidado nin arte 15. Axitación súbita e violenta do ánimo durante a que un perde o control de si mesmo.
0 comentarios