Blogia
vgomez

ATOPAN UN ENORME BURACO NA VÍA LÁCTEA

Alyssa Goodman / Centro de Astrofísica, Harvard & amp; Smithsonian

Podemos ver a súa localización na imaxe que acompaña este artigo. Trátase dunha enorme cavidade esférica na nosa galaxia. Os científicos comprobaron que as nubes moleculares de Perseo e Tauro (densas nubes de gas frío e po onde se forman as estrelas) en azul e vermello, respectivamente, están adxacentes á cavidade e moi separadas, deixando un espazo ou buraco baleiro. Estas nubes moleculares están a uns 400 e 1.000 anos luz de distancia da Terra.

O espazo entre as estrelas non está completamente baleiro; hai nubes de gas e po flotando na inmensa escuridade do cosmos. O curioso deste buraco esférico é que se estende por case 500 anos luz (uns 150 pársecs) pero, como xurdiu? que formou este baleiro?

Grazas aos avances observacionais dos últimos anos, os expertos puideron, grazas aos datos da misión Gaia, analizar a estrutura espacial en 3D e o grosor das famosas rexións próximas de formación de estrelas por primeira vez, o que proporciona unha visión sen precedentes das orixes e destinos das nubes moleculares no medio interestelar, din os expertos.

Os investigadores creen que a cavidade, bautizada como Caparazón Per-Tau foi formada por unha antiga supernova ou unha serie de eventos similares hai uns 10 millóns de anos. É probable que este fenómeno comprimise e desencadease a formación de estrelas nas dúas nubes moleculares. E, por tanto, medraría tanto o caparazón como as nubes moleculares.

Centos de estrelas están a formarse ou xa existen na superficie desta burbulla xigante, comentou o astrofísico teórico Shmuel Bialy do Centro Harvard-Smithsoniano de Astrofísica (CfA). Temos dúas teorías: ou unha supernova estalou no núcleo desta burbulla e empuxou o gas cara a fóra formando o que agora chamamos a Supercaparazón Perseo-Tauro, ou unha serie de supernovas que ocorreron durante millóns de anos creárona co tempo.

Este achado suxire que as nubes moleculares de Perseo e Tauro non son estruturas independentes no espazo. Máis ben, formáronse xuntas a partir da mesma onda de choque de supernova. “Isto demostra que cando unha estrela morre, a súa supernova xera unha cadea de eventos que, en última instancia, poden conducir ao nacemento de novas estrelas”, explica Bialy.

Iso significa que as explosións de estrelas poderían desencadear unha reacción en cadea que finalmente leve á creación das súas propios descendentes.

"Puidemos ver estas nubes durante décadas, pero nunca soubemos a súa verdadeira forma, profundidade ou grosor", aclara Catherine Zucker, investigadora postdoctoral no Centro de Astrofísica Harvard & Smithsonian. "Tampouco estabamos seguros de como de lonxe estaban as nubes. Agora sabemos onde se atopan con só un 1% de incerteza, o que nos permite discernir este baleiro entre elas".

O novo estudo representa a primeira vez que a revista da Sociedade Astronómica Estadounidense (AAS) publica unha visualización de realidade aumentada de astronomía. Científicos e público en xeral poden manipular a visualización 3D da cavidade esférica e as nubes moleculares que a rodean simplemente escaneando o código QR cun smartphone.

Os expertos prevén futuros artigos científicos que inclúan habitualmente audio, vídeo e elementos visuais de alta calidade, o que facilitará que todos os lectores comprendan mellor a ciencia presentada.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

0 comentarios