Blogia
vgomez

CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE (IX)

Continúo coa serie CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE, o segundo planeta máis pequeno do sistema solar, despois de Mercurio, e similar á Terra en moitos aspectos, como que posúe nubes, ventos e un día de aproximadamente 24 horas (ao redor dun 3% máis longo que o día solar na Terra).

Imos coa oitava curiosidade!

8. Podería albergar algún día a unha poboación humana?

As condicións actuais do planeta Marte distan moito de ser as idóneas: a temperatura media está moi por baixo da temperatura de conxelación (-27ºC de media, coma xa se comentou), as violentas tormentas enchen o aire de po e, entre outras cousas, a súa delgadísima atmosfera ofrece pouca protección contra os continuos impactos de meteoritos.

FONTE: Idea orixinal Sarah Romero/muyinteresante.es/ciencia

0 comentarios