COMETA LA SAGRA
Cometa 2009 QG31 La Sagra (Observatorio de Mallorca)
Un novo cometa, denominado pola UAI (Unión Atronómica Internacional) 2009QG31La Sagra, foi descuberto polo OAM (Observatorio Astronómico de Mallorca).
Foi detectado a 170 millóns de quilómetros, na constelación de Acuario debido a que cada 6,77 anos achégase ao Sol. Ten un núcleo entre 2 e 3 km e arrastra unha cola formada por unha nube de po e gas duns 12.000 km de diámetro, xa que a radiación do Sol fai esta se vaia desintegrando.
O novo cometa foi descuberto o 15 de agosto pasado mediante observación remota polo equipo de observación da OAM dende La Sagra, na Serra de Granada, onde o Observatorio Astronómico de Mallorca mantén unha base de rastrexo de corpos pequenos do Sistema Solar: Asteroides, NEOs (Obxectos Cercanos á Terra) e novos Cometas.
0 comentarios