Blogia
vgomez

DÍA DO PROFESOR ? !

DÍA DO PROFESOR ? !

Hoxe pola mañá, ás 8,20 horas, un alumno díxome que era o meu día: o día do profesor. Sorprendeume dobremente, pois non tiña esa constancia (eu sempre o relacionei con 27 de novembro -San Xosé de Calasanz- ou ben 28 de xaneiro -Santo Tomas de Aquino) e en segundo lugar porque alguén me felicitase.

Eu aínda lembro, gratamente, algo parecido ao que fixo este alumno na súa felicitación, hai anos. O día do maestro era algo importante, non só para nós, senón para alumnado e pais. Sempre tiven, nunha grande maioría, a implicacion deles no meu traballo e é algo de agradecer. Penso que cando os implicados na educacion (mestres, pais e alumnado) non reman na mesma dirección é cando acontecen fracasos e problemas de todo tipo. Por desgraza, botamos a culpa dos problemas uns a outros; en realidade é non asumir a parte que a cada un lle toca; é desprazar a pelota ao tellado dos outros, pero o problema (a pelota) segue estando, non pode desaparecer. As autoridades educativas, fundamentalmente políticos, non axudan; eles reman na procura doutra pesca: os votos. Tiñan que pasarse un día polas aulas, polos centros, para ver a realidade.

Na miña ignorancia sobre este día, documenteime: Dende 1994 o 5 de octubro foi declarado pola UNESCO e a OIT (Organización Internacional da Educación)o día mundial dos docentes.

Eu, que prefería o 27 de novembro, xa mudei de idea: que sexa todos os días, que nos deixen traballar e que nos apoien dende todos os sectores; ao fin e ao cabo será en beneficio do máis preciado: os nosos alumnos-as, os seus fillos.

0 comentarios