Facebook Twitter Google +1     Admin
20140327071026-planeta-biden-.jpg

O planeta anano en movemento, coloreado en vermello, azul e verde / Scott Sheppard and Chad Trujillo

Investigadores do Observatorio Gemini e Instituto Carnegie para a Ciencia en Washington (EUA) descubriron un afastado planeta anano, ao que chamaron 2012 VP113 e alcumaron provisionalmente Biden, que se atopa máis alá do bordo coñecido do Sistema Solar. Probablemente, é un de miles de obxectos distantes que cre que forman a rexión interna da chamada nube de Oort. Ademais, os investigadores creen posible a presenza dun enorme planeta, talvez de ata dez veces o tamaño da Terra, que non se ve, pero que pode influír na órbita da nova rocha e noutros obxectos nesa zona do espazo.

O sistema solar pódese dividir en tres partes: os planetas rochosos como a Terra, que están preto do Sol; os planetas gasosos xigantes, que están máis afastados, e os obxectos xeados do Cinto de Kuiper, que se encontran máis alá da órbita de Neptuno. Despois diso, só se coñecía a órbita dun obxecto, Sedna. Pero o recén descuberto 2012 VP113 ten unha órbita que se mantén mesmo despois da de Sedna, polo que é o máis afastado coñecido no Sistema Solar.

Esta investigación aparece publicada na revista Nature .

FONTE: Xornal abc/ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.