Blogia
vgomez

A FARMACIA NATURAL: SEMENTANDO

A FARMACIA NATURAL: SEMENTANDO

Sementando by Slidely Slideshow

 

A actividade LA FARMACIA NATURAL EDUCABARRIÉ na que participa un total de 14 alumn@s de 1º ESO do noso IES, comezou a súa andadura, baixo a supervisión dos profes do Departamento de Bioloxía-Xeoloxía Goretti e o que escribe. Fíxoo o pasado mércores, sementando un total de 23 especies distintas de plantas medicinais. Farémoslle un seguimento no seu crecemento e unha series de investigacións para identificalas. Traballo laborioso pero interesante!

Esta primeira experiencia recóllese no vídeo que aparece na parte superior.

0 comentarios