Blogia
vgomez

COMO RECICLAR COUSAS "RARAS" DA CASA (II)

COMO RECICLAR COUSAS "RARAS" DA CASA (II)

 

Segunda entrega de como reciclar esa gran variedade de produtos de uso normal que se volven "raros" cando chega a hora de desprenderse deles.

Aceite doméstico: pódese reciclar, e cada vez máis, en colectores urbanos específicos para iso ou nos puntos limpos.

Carteiras, neceseres: ao colector verde do lixo.

Lentes: algunhas ONG recollen as lentes usadas para distribuílas en países en desenvolvemento.

Herba e restos de poda: recíclanse grazas a un sistema denominado compostaxe, tanto en casa nun compostador como en colectores públicos específicos para iso.

Oveiras: se son de cartón, ao azul; se son de plástico, ao amarelo.

Xoguetes: ao colector verde de lixo, salvo que se lles dea unha segunda vida en sistemas de intercambio ou reutilización.

Material de escritura: rotuladores, bolígrafos, etc., ao colector verde de lixo; as súas caixas de plástico, ao amarelo.

Chisqueiros: ao colector verde de lixo.

Medicamentos: débense depositar nos puntos de recollida SIGRE das farmacias, incluído o cartón ou o plástico do envase.

Móbiles e outros residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE): as grandes superficies comerciais deben aceptar para a súa reciclaxe sen necesidade de comprar un novo os RAEE de ata 25 centímetros. O resto pódense levar a puntos limpos.

Continuará!

FONTE: Revista Consumer

0 comentarios