Blogia
vgomez

TESOURO BOTÁNICO DO CASTELO DE SANTA CRUZ

TESOURO BOTÁNICO DO CASTELO DE SANTA CRUZ

Castelo de Santa Cruz / Imaxe:turgalicia.es

O Castelo de Santa Cruz, popularmente coñecido como “O Castillo” é unha fortaleza militar do século XVII, chamado así na honra de don Álvaro de Bazán marqués de Santa Cruz de Marcenado, Capitán Xeneral da Mariña Española finado en 1588 cando trataba de ultimar os  preparativos da saída da Armada Invencible, cara as costas de Inglaterra. Foi construído en 1663, no tempo record dun ano, coincidindo cando as tropas portuguesas ocupan o castelo de San Lorenzo (Goian).

Moitas foron as peripecias desta fortaleza ata que coa adquisición por parte do Concello no ano 2004 e a súa posterior  rehabilitación, abríuse ao público en xaneiro deste ano.

Dende alí pódense contemplar as súas marabillas arqueolóxicas e as estupendas vistas, pero esconde unha riqueza botánica que ANABAM quixo poñer en valor. Especies como Pittosporum tobira, Araucaria heterophylla, Phoenix canariensis, Cryptomeria japonica, Pinus radiata, Cupressus macrocarpa, Malus sp, Buxus sempervirens, Camellia japonica, Castanea x coudercii, Myoporum laetum, Eucaliptus globulus, Hydrange amacrophylla, Ilex aquifolium, Laurus nobilis e Tilia tomentosa, poden ser observadas neste lugar.

ANABAM acaba de publicar unha serie de fichas destas especies que podedes consultar premedo AQUÍ.

FONTE: anabam.org

0 comentarios