Blogia
vgomez

NON É CERTO: OS ANTIBIÓTICOS SERVEN PARA O ARREFRIADO

NON É CERTO: OS ANTIBIÓTICOS SERVEN PARA O ARREFRIADO

Arrefriado / Imaxe:plushbeds.com

Os antibióticos non serven de nada contra o arrefriado, xa que está causado por virus e os antibióticos, por definición, só poden atacar ás bacterias. Para facernos unha idea, unha bacteria é unha pequena célula que leva a cabo todas as funcións básicas e un virus é máis ben como un pequeno vehículo que transporta algúns xenes para infectar outras células.

Así que os antibióticos nada pode facer contra a gripe, a sida, a varíola, os catarros e toda a batería de enfermidades relacionadas con virus. Ademais, tomalos ten dous efectos secundarios directos e potencialmente graves. Por un lado favorécese a resistencia das bacterias que poderían ser prexudiciais, de forma que no futuro ese mesmo antibiótico non servirá para danalas, e por outro atácase á flora intestinal, tan importante para o funcionamento do sistema inmune e a dixestión.

Segundo o CDC, os médicos fan 10.000 millóns de receitas para antibióticos cada ano para enfermidades de orixe viral. En lugar de esperar varios días a que os laboratorios determinen se a enfermidade ten unha orixe viral ou bacteriana, prefiren mandarlle ao paciente un remedio que pode non servir para nada e mesmo ser daniño.

O único remedio para o arrefriado é soarse os mocos e combater os demais síntomas. Os antibióticos mellor “nin cheiralos”!

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios