O TRUCO DAS TARÁNTULAS PARA ESCALAR
Tarántula mexicana / Imaxe:Claire Rind
Segundo un novo estudo, publicado na revista The Journal of Experimental Biology, as tarántulas disparan seda por uns "surtidores" das súas patas para escalar superficies esvaradizas.
Manter o equilibrio é crucial para estes delicados arácnidos, que seguramente morrerían nunha caída. Por este motivo, as tarántulas utilizan seda a miúdo, de forma bastante semellante á que emprega Spiderman cando escala paredes, para pegarse ás superficies e aferrarse firmemente, incluso cando o chan é pouco firme, confirmou o estudo.
As tarántulas non tecen arañeiras normais, senón que empregan a súa seda para forrar ou protexer os seus tobos. A teoría do lanzamento de seda xurdíu por primeira vez en 2006, pero os científicos estiveran divididos daquela entre os que pensaban que as tarántulas lanzaban seda polas patas e os que opinaban que collían seda das súas fieiras (órganos prouctores da seda) que a usaban como pegamento.
FONTE: Xornal ABC/Ciencia.
0 comentarios