Facebook Twitter Google +1     Admin

QUE TEMPO HAI NA LÚA?

Publicado: 27/07/2014 10:45 por vgomez en CURIOSIDADES
20140722104704-20130601202518-super-luna.jpg

Superlúa de maio / Imaxe:viudasdegila.com

 

Probablemente foi un dos maiores retos e logros da humanidade cando, o día 21 de xullo de 1969, o comandante Neil Armstrong, á fronte da misión Apollo 11, pisou por primeira vez a Lúa. Moito choveu dende aquel histórico momento..., pero na Terra.

E no noso satélite? Que tempo hai alá arriba? Ben, a resposta é que alí nin chove, nin hai vento, nin hai nubes..., e todo isto porque non hai atmosfera como na Terra (en realidade, posúe un exiguo halo gasoso ao seu arredor, pero é tan tenue que non podemos consideralo atmosfera). Por exemplo, os cráteres que forman a súa característica superficie non se erosionan por esta ausencia total de vento. O mesmo que a famosa pegada que deixou Armstrong ao pisar por primeira vez a Lúa. Está intacta.

E como non venta, outra curiosidade é que o son non se pode transmitir. Se puidésemos viaxar á Lúa non nos poderiamos escoitar posto que o son necesita un medio de transporte físico (como o aire) para que chegue aos nosos oídos. O aire é unha combinación de gases, principalmente osíxeno e nitróxeno, que forman a atmosfera terrestre. A Lúa non ten aire porque a súa atmosfera non ten a combinación de gases axeitada, os gases que a rodean saen do seu interior porque a súa forza gravitacional é seis veces máis débil que na Terra. De feito, unha persoa que teña unha masa de 60 quilogramos aquí abaixo pesará 588 newtons, mentres que alá  arriba só 96 newtons (a sexta parte).

FONTE: Jovi Esteve/Xornal El País

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.