Facebook Twitter Google +1     Admin

QUE É O LUME DE SAN TELMO?

Publicado: 12/08/2014 09:58 por vgomez en DOCENCIA
20140809132915-lume-de-san-telmo.jpg

Lume de San Telmo / Imaxe: fondear.org 

 

Probablemente sexa un dos fenómenos naturais eléctricos menos coñecidos e co que é máis difícil atoparse, e aínda que o seu nome induce a confusión, non é ningunha clase de lume (é un plasma), nin tampouco é unha forma de raio. O lume de San Telmo ten a súa orixe na electricidade estática da atmosfera e poderiamos definilo como unha descarga luminiscente ou resplandor luminoso semellante a pequenas faíscas que saltan dos obxectos metálicos e punzantes durante unha tormenta intensa. Os obxectos puntiagudos ou bos condutores da electricidade empezan a desprender pequenos estalos ou labaradas pola ionización do aire dentro do campo eléctrico que orixinan estas tormentas. O aire ionizado desprende esa luz entre azulada e violeta característica do fenómeno.

Na antigüidade, o lume de San Telmo observábase con frecuencia no mar. Os navegantes coñecían ben estas luzadas posto que se formaban nas puntas dos mastros dos barcos, e aínda que parecían estar en chamas, non se queimaban. Chegaron a pensar que era unha protección de santo (San Telmo é o patrón dos mariñeiros e da vila veciña de Tui) contra a tormenta. Mesmo Charles Darwin, mentres viaxaba polo río da Prata, quedou asombrado polo "lume que non ardía". A explicación é que este lume se produce a temperatura baixa, co que non é habitual que produza incendios (tamén pode aparecer no morro dos avións en pleno voo). Iso si, cando se producía nos antigos dirixibles era moi perigoso porque o hidróxeno que se utilizaba para enchelos era extremadamente inflamable. No accidente do cepelín Hindenburg, en Nova Jersey, o 6 de maio de 1937, morreron 36 persoas.

FONTE: Los porqués del tiempo/Jovi Esteve/Xornal El País

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next