Facebook Twitter Google +1     Admin

AS 7 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA 2014

Publicado: 13/08/2014 08:32 por vgomez en ZONA VERDE
20140810125053-7-maravillas-blog.png

 

Allianz Global Assistance, por primeira vez no noso país, asumiu o reto de atopar as Marabillas Naturais da nosa xeografía. Grazas aos 80.000 votos e 5.000 tweets, estas son as 7 Marabillas Naturais de España 2014.

  1. Gaztelugatxe (Bizkaia). Este illote, fronte á localidade de Bermeo, únese á terra por un istmo artificial apoiado en dous grandes arcos. No seu cumio hai unha ermida á que se pode acceder tras subir un intricado camiño elevado de 231 chanzos. Dende o seu cume pódese admirar unha bela combinación entre a verde paisaxe dos montes vascos e a bravura do mar Cantábrico. É tamén un dos principais atractivos da Reserva da Biosfera de Urdaibai.
  2. Parque Natural de Somiedo (Asturias). É tamén Reserva da Biosfera. No seu interior pódense contemplar 65 das 73 especies de árbores e arbustos autóctonos desta comunidade autónoma, como faias, carballos, bidueiros, pradairos ou freixos. O oso pardo ibérico converteuse no emblema do parque. Tamén vive entre os seus bosques a pita do monte ibérica, en perigo de extinción, e os grandes ungulados (cervo, rebezo e corzo).
  3. Parque Natural Cabo de Gata (Almería). Tamén declarado Reserva da Biosfera, posúe unha gran variedade de especies vexetais, como acebuche, esparragueiras, esparto ou espiño, e animais, como o lagarto ocelado, a víbora hocicuda, o ourizo moruno, a aguia perdicera, o moucho común ou o raposo. Conta ademais cos 50 quilómetros de costa acantilada mellor conservada do litoral mediterráneo europeo.
  4. As Medulas (León). Considerado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, atópase na Reserva da Biosfera Ancares Leoneses. Cuberto na actualidade por castiñeiros e carballos, foi a maior mina de ouro a ceo aberto do Imperio Romano.
  5. Parque Natural de Las Lagunas de Ruidera (Ciudad Real). A súa paisaxe ofrece un belo contraste entre as lagoas altas, situadas augas arriba de La Laguna del Rey, e as baixas. O conxunto serve de descanso, acubillo e alimentación a numerosas aves acuáticas, como o porlón europeo e o somorgullo lavanco. Está rodeado de importantes comunidades vexetais tipicamente meseteñas e mediterráneas.
  6. Fonte Dé (Cantabria). Situado no Parque Nacional de Picos de Europa, destacan as vistas que se contemplan dende o seu teleférico, un circo glaciar con paredes de ata 800 metros e un amplo poboado de faiais.
  7. A Praia dás Catedrais (Lugo). Debe o seu nome á forma que adquiriron os seus acantilados, que poden apreciarse en todo o seu esplendor en marea baixa. Arcos de máis de 30 metros de altura, grutas de decenas de metros ou corredores de area entre bloques de rocha son algunhas das súas peculiaridades.

Non hai que saír fóra do noso país para atopar marabillas naturais!

FONTE: Revista Consumer

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next