FOTODENUNCIAS DE ROBIN WOOD
Unha das imfografía da campaña: "O desxeo polo cambio climático / Imaxe: Robin Wood
"Destruír a natureza é destruír a vida" é o slogan da campaña de sensibilización que lanzou o pasado mes de marzo a organización ambientalista alemá Robin Wood para advertir que a destrución da natureza que o home está a levar a cabo leva de maneira inevitable o fin da flora e da fauna do planeta.
As infografías foi realizada polo deseñador tailandés Surachai Puthikulangkura e a axencia Grabarz & Partner, e nelas utilizouse a técnica da dobre exposición. Nas tres ilustracións publicadas recoñécense as figuras dos animais: un osos polar, un cervo e un simio, elixidos porque son especies representativas de hábitats que están a ser directamente degradados pola acción humana. Sobre os lombos de todos eles superpuxéronse uns mundos en miniatura que, gradualmente fan desaparecer as súas siluetas. A maneira de representalo é moi simbólica porque, vistos de preto, as imaxes ofrecen unha realidade moi desalentadora: os efectos das extraccións petrolíferas, da deforestación e dos incendios indiscriminados respectivamente.
A ilustración do oso polar leva por título "O desxeo polo cambio climático". Sobre os lombos do oso polar protagonista -unha especie en extinción- distínguese unha planta petrolífera en chamas e maquinaria diversa realizando sondaxes, o que trae á memoria as polémicas actividades no Ártico de multinacionais deste ramo. Para os ecoloxistas, unha fuga supoñería unha auténtica catástrofe ambiental e por iso levaron a cabo numerosas campañas para estas petroleiras retírense. Unha delas, Shell, renunciou a continuar co seu traballo en agosto de 2015.
Sobre o lombo do cervo da imaxe titulada "Excesos da deforestación da selva" pódese observar un bosque case completamente talado. Entre as montañas de madeira, gruas e leñadores arrasan coas últimas árbores en pé. É unha ilustración para lembrar, por exemplo, que os humanos xa destruímos a metade de todas as árbores do planeta, segundo un estudo publicado pola revista Nature en setembro de 2015. Este traballo calcula que os humanos cortamos 15.000 millóns de árbores anualmente.
A parte superior do primate da última ilustración está envolvido en chamas, as mesmas que arrasan sen piedade unha superficie cuberta de palmeiras. De feito, o título da imaxe é "A destrución do bosque tropical" e lembra á queima ilegal de terreos en Indonesia que se destinan posteriormente á produción de aceite de palma, un produto que se utiliza para fabricar biocombustibles, cosméticos e algúns alimentos industriais. Estes incendios foron tan virulentos que non só deixaron a especies como o orangután privado do seu hábitat senón que mesmo afectaron aos humanos cando o fume chegou a núcleos urbanos e obrigou a pechar escolas, entre outras medidas.
FONTE; Xornal El País/El Planeta Futuro
0 comentarios