QUE PODO FACER EU POLO PLANETA E O CLIMA?
Levamos máis dun mes confinados na casa e faise duro, pero podemos aproveitar esta inesperada situación para dedicar tempo a cousas que antes non podiamos.
Transforma o teu fogar e faino máis sostible e saudable para ti e a túa familia, e para o planeta.
Estas son algunhas das accións que podes poñer en práctica de forma inmediata e sinxela para reducir o teu impacto no planeta.
PECHA A BILLA
Mentres te lavas os dentes, aféitaste ou enxabónaste as mans, evita gastar auga pechando a billa.
UTILIZA O LAVALOUZAS
O lavalouzas pode aforrarche 30,6 litros de auga diarios, xa que consome 9 veces menos que fregando a man.
TAPA A POTA
Co simple xesto de tapar a pota mentres cociñas, aforras un 25% de enerxía e, se ademais utilizas o tamaño adecuado, aforrarás ata un 90%.
UTILIZA O MICROONDAS EN LUGAR DO FORNO
Sempre que poidas evita o forno, xa que o microondas é máis eficiente, consome un 65% de enerxía.
REDUCE O DESPERDICIO DE ALIMENTOS
Pensaches todo o que se perde cando tiras comida ao lixo? Toda a enerxía, auga, transporte, almacenamento e xestión de residuos que conleva ese xesto?
REDUCE O USO DE PRODUTOS DESBOTABLES
Substitúeos por outros reutilizables ou recargables, dá unha segunda vida aos obxectos, envases retornables, evita os envoltorios.
FONTE: Comunidad #PorElClima
0 comentarios