CANTO SABES DE GALICIA LXVI
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Ourense. Coñecido como o Santo Cristo de Ourense, atópase na capela homónina desa catedral de San Martiño, un dos lugares máis visitados da cidade. Hai un refrán que di: "Tres cousas hai en Ourense que non as hai en España, O Santo Criso, a Ponte Romana e as Burgas fervendo auga".
E imos coa pregunta de hoxe!
66. Seguro que nalgunha ocasión oiches tocar a alguna banda de música da nosa terra un pasodobre famoso chamado “Puenteareas”. É unha obra dun grande músico galego autor tamén de obras de zarzuela como “La leyenda del beso” entre outras. De que músico estamos a falar?
- Pascual Veiga
- Pepito Arriola
- Arturo Goncerlián
- Reveriano Soutullo
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es, turismodeourense.gal Imaxes: bandadaguarda.blogspot.com e wikipedia.org
0 comentarios