CANTO SABES SOBRE A TÁBOA PERIÓDICA? X
Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.
A contestación correcta á pregunta de onte é Oganesón. Como diciamos, os elementos sintéticos só poden ser creados artificialmente. Ata o momento os científicos foron capaces de crear 27 deles, cuxos números atómicos van do 95 ao 118. Todos son inestables, descompóñense co tempo e contan con vidas medias que poden ir desde os 15,6 millóns de anos a uns poucos centos de microsegundos. Entre eles atópase en Oganesón, de símbolo Og e o cal é o elemento máis pesado sintetizado ata o momento.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Curioso verdade? pero non todo van ser elementos raros. A ver se sabes cal é o elemento máis abundante do universo....
- Carbono
- Ferro
- Hidróxeno
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: nationalgeographic.com.es e es.wikipedia.org Imaxe: química.net
0 comentarios