Blogia
vgomez

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XLIII

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos,sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1963O asasinato de John F. Kennedy, presidente número 35 dos Estados Unidos, foi un magnicidio ocorrido o venres 22 de novembro de 1963, en Dallas (Texas, Estados Unidos) ás 12.30 p. m., hora estándar do centro (18.30 UTC). Kennedy foi mortalmente ferido por disparos mentres circulaba no coche presidencial na praza Dealey. Foi o cuarto presidente de EEUU asasinado no cargo (anteriormente fórono Abraham Lincoln, James A. Garfield e William McKinley) e o oitavo e último en morrer no cargo. Tres investigacións oficiais concluíron que Le Harvey Oswald, un empregado da almacén foi o asasino. Unha delas concluíu que Oswald actuou só e outra suxeriu que actuou polo menos con outra persoa máis. O asasinato aínda está suxeito a especulacións, é orixe dun gran número de teorías conspirativas.

E imos coa pregunta de hoxe!

43. Relaciona invento e inventor...

                                              Antonio Meucci

Teléfono                                 Louis Pasteur

Telescopio                              John Ou’Sullivan   

Microscopio                            James Watt 

Formigón                                Galileo Galilei

Máquina de vapor                  Robert Koch 

Antibióticos                            Antoni van Leeuwenhoek  

Wifi                                         Hedy Lamarr

                                               Joseph Aspdin  

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: es.wikipedia.org e lafabricadeinventos.com

0 comentarios