CANTO SABES SOBRE EUROPA XVI
Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1957. A Comunidade Económica Europea (CEE) foi unha organización internacional creada por un dos dous Tratados de Roma do 25 de marzo de 1957 (en vigor dende 1958), coa finalidade de crear un mercado común europeo. Os Estados signatarios foron Francia, Italia, Alemaña (por aquel entón, só a República Federal Alemá, non a República Democrática Alemá) e os tres países do Benelux (Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo). O tratado establecía un mercado e aranceis externos comúns, unha política conxunta para a agricultura, políticas comúns para o movemento da man de obra e dos transportes, e fundaba institucións comúns para e desenvolvemento económico.
E imos coa pregunta de hoxe!
16. A Unión Europea (UE) como tal, foi establecida co entrada en vigor do Tratado de…
- Ámsterdam
- Maastricht
- Niza
- Lisboa
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios