Blogia
vgomez

CINE: "A PEL DO TAMBOR"

Esta fin de semana chega aos cines a película  A pel do tambor, adaptación da novela co mesmo título do escritor Arturo Pérez-Reverte, publicada en 1995 pola editorial Alfaguara.

Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: A pel do tambor

Ano: 2022

Duración: 116 min.

Xénero: Thriller

País: España

Produtora: Coprodución España-Colombia-Italia; Enrique Cerdeira P.C., Drumskin Productions, Fundacion Enic Producións, North By Northwest, Spal Films

Dirección: Sergio Dow

Guión: Adrian Bol, Beth Bollinger, Judith Gwilt Yturriago, Carolina López-Rodríguez, Sergio Dow, Luis Zelkowicz, Sheila Willis e Gretchen Cowan

Música: Roque Baños

Fotografía: Aitor Mantxola

Reparto: Richard Armitage, Amaia Salamanca, Fionnula Flanagan, Paul Freeman, Paul Guilfoyle, Alicia Borrachero, Joe Manjón, William Keen, Carlos Cuevas, Unax Ugalde, Jorge Sanz, Rodolfo Sancho, Peter Vives, Simón Andreu, Enrique Alcides, Juan Fleta, Rubén Carballés...

Sinopse: Ciudade do Vaticano, 1995. Un hacker informático irrompe no computador persoal do Papa deixándolle unha mensaxe no que asegura que a Igrexa da nosa Señora das Bágoas mata para defenderse. Intrigado, o Santo Pai ordena que se investigue o asunto. Monseñor Spada (Paul Guilfoyle) asignará a misión ao seu mellor axente, o sacerdote Quart (Richard Armitage), posuidor dunha longa experiencia nos asuntos escuros da Santa Sé. Entre tanto, en Sevilla, a aristócrata Macarena Bruner (Amaia Salamanca), unha fermosa divorciada que é dona dos dereitos sobre o terreo onde se alza Nosa Señora das Bágoas, escandaliza á cidade cos seus amores inapropiados cun bailaor flamenco, mentres coquetea por Sevilla e fai parte principal dun grupo que se resiste a deixar demoler a Igrexa.

Os seguidores de Pérez-Reverte temos a posibilidade de confrontar a película coa novela. Merece a pena!

0 comentarios