CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XVIII
Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.
Á resposta á pregunta de onte é Todas as anteriores. Aínda que a máis coñecida é a produción de electricidade, existen outras moitas aplicacións proveitosas, moitas veces descoñecidas para o público: industria, hidroloxía, agricultura e alimentación, medicina, arte, aplicacións científicas, exploración espacial e cosmoloxía.
E imos coa pregunta de hoxe!
18. Que porcentaxe da enerxía que utiliza o ser humano para levar a cabo as súas actividades provén da fisión nuclear?
- Entre un 10 e un 20 %
- Entre un 20 e un 30 %
- Máis do 30 %
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e foronuclear.org
0 comentarios