Blogia
vgomez

CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? VI

Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Támesis. Coñecido alternativamente nalgunhas partes como o río Isis, é un curso de auga que flúe a través do sur de Inglaterra, incluíndo Londres. Cunha lonxitude de 346 km é o río máis longo dos que teñen a totalidade do seu percorrido en Inglaterra, e o segundo máis longo do Reino Unido. Nace en Thames Head, en Gloucestershire, e desemboca no mar do Norte preto de Tilbury.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é o punto máis alto de Inglaterra?

- Mickledore

- Broad Crag

- Scafell Pike

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios