ENCRUCILLADO CXXXVI
VERTICAIS: 1. De Calatayud ou dos seus habitantes 3. Elemento químico de propiedades similares ao iodo, que pertence ao grupo dos halóxenos, e cuxo símbolo é At 5. Berro agudo, forte e prolongado que se emite en sinal de alegría, nas festas e foliadas ou mentres se realizan algúns labores agrícolas 9. Terceira cidade máis importante de Ucraína no que se atopa o porto marítimo comercial mási importante do país.
HORIZONTAIS: 2. Peixe fusiforme da familia dos escómbridos, de cor verde ou azul irisada con listas verticais negras no lombo e prateada ou branca no ventre, con nome científico Scomber scombrus 4. Principal río de Navarra, despois do Ebro, do que é afluente 6. Fosas tectónicas alongadas onde a cortiza terrestre está a sufrir diverxencia e distensións, produto da separación de placas tectónicas e crecemento simultáneo das mesmas 7. Illa e unha das trece rexións da Francia metropolitana que, xunto cos territorios de Ultramar, conforman a República Francesa, e cuxa capital é Ajaccio 8. Arbusto perenne da familia das ericáceas de follas coriáceas alternas nos extremos das pólas, moi cultivado en xardín polas fermosas flores de diversas cores, dispostas en grupo nos extremos das pólas e do que existen varias especies 10. Capital do Principado de Liechtenstein.
0 comentarios