ADIVIÑA O CIENTÍFICO XI
Continúo coa serie adicada aos científicos, que co seu celo, paixón, dedicación, traballo duro e esforzo axudoulles a descubrir algo novo sobre o mundo en que vivimos.
A contestación correcta á pregunta de onte é Tycho Brahe. Thyge Ottesen Brahe, nado no Castelo de Knudstrup, Escania o 14 de decembro de 1.546 e finado en Praga o 24 de outubro de 1.601. Foi un astrónomo danés, considerado o máis grande observador do ceo noperíodo anterior á invención do telescopio. A causa do finamento fora unha retención de urina que se impuxo a si mesmo. O 13 de outubro ceaba na casa do señor Rosenberg e retivo os seus ouriños máis aló do normal por non faltar á cortesía. Cando bebeu máis, sentiu tensión na súa vexiga, pero preferiu a cortesía á saúde. Ao volver a casa apenas puido mexar. Despois de cinco noites sen durmir, aínda apenas podía mexar con sentimento de gran dor. Non durmía e a febre facíalle delirar. Non puideron impedirlle comer. O 24 de outubro o seu delirio apagouse por varias horas e finou sen cumprir os 55 anos.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Este científico, co seu equipo, conseguiu separar o plasma do sangue.
- Charles Drew
- Jonas Salk
- Sigmund Freud
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e
0 comentarios