ADIVIÑA O CIENTÍFICO XII
Continúo coa serie adicada aos científicos, que co seu celo, paixón, dedicación, traballo duro e esforzo axudoulles a descubrir algo novo sobre o mundo en que vivimos.
A contestación correcta á pregunta de onte é Charles Drew. Nado o 3 de xuño de 1.904 e morto o1 de abril de 1.950. Foi un médico e investigador estadounidense, coñecido polas súas investigacións sobre trasfusión de sangue e bancos de sangue, incluíndo técnicas para o almacenamento e deistribución de plasma, e o seu uso en gran escala a principios da Segunda Guerra Mundial, o que salvou a vida de milleiros de aliados.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Que científico fixo o experimento dos chícharos?
- Carl Correns
- Carlos Linneo
- Gregor Mendel
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Adaptación propia de Sarah Romero/muyinteresante.es Imaxes: es.wikipedia.org e sevillaconlospeques.com
0 comentarios