ANIMAIS EXTINTOS XXII
Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.
Se onte falamos do Guacamaio cubano, hoxe tócalle o turno á...
22. Cotorra de Carolina
A cotorra de Carolina (Conuropsis carolinensi)era a única especie do xénero Conuropsis que existía e tamén a única especie de papagaio autóctono de América do Norte ao leste do Misisipí. Tratábase dun pequeno papagaio verde coa cabeza de cor vermella amarelo brillante. Moi espectacular. Por desgraza, a deforestación, a caza masiva, as especies invasoras e a enfermidade provocaron a súa extinción. O último espécime en cativerio morreu en 1918.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza
0 comentarios