ESTES SON OS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN 2026 (XXIV)
No planeta existen máis de 7,7 millóns de especies de animais e máis do 20% está en perigo de extinción. Algúns dos animais máis estraños do noso planeta camiñan na corda frouxa da extinción. O fotógrafo Tim Flach pasou máis de dous anos inmortalizando en fotografías algúns deles, os máis emblemáticos, curiosos e rechamantes.
Seguimos coa lista. Onte falamos do Gavial indio. Hoxe tócalle o turno ao...
24. Voitres
Estado: en perigo crítico.
Na maior parte do mundo, a morte dun animal grande vese rapidamente marcada por un círculo de voitres. Estes animais alértanse uns a outros sobre a localización dun novo cadáver e logo reúnense en grupos de centos antes de descender para alimentarse. Son iconas da morte na cultura popular, pero en realidade son grandes símbolos da vida. Non só evitan a propagación de enfermidades en innumerables comunidades e ecosistemas, senón que tamén protexen aos mamíferos en perigo ao alertar aos gardas sobre a localización da actuación dos cazadores furtivos.
Desafortunadamente, os cazadores furtivos están a tomar represalias e asperxendo ás súas presas con cianuro, polo que un elefante morto pode acabar ademais coa vida de centos de voitres adultos. De todas as especies de voitres do mundo, case a metade están agora en perigo crítico de extinción.
Continuará…
FONTE: Héctor Rodríguez/nationalgeographic.com.es
0 comentarios