Blogia
vgomez

FOTOS FINALISTAS DO SONY WORLD PHOTOGRAPHY AWARDS

Por decimonoveno ano consecutivo, os Sony World Photography Awards recoñecen as mellores fotografías do ano. Seleccionadas entre máis de 430.000 imaxes procedentes de participantes de 200 países distintos. Son dez os gañadores as gañadores das distintas categorías e agora aspiran ao premio máximo, o Concurso Open. O anuncio e a cerimonia de entrega será o 16 de abril en Londres.

Persoalmente, a que máis me gusta é a gañadora da categoría "Natural World & Wildlife". O raposo azul do Ártico (Vulpes lagopus) no medio dunha xistra. A pelame escura, que en realidade é máis agrisado que azul, permítelle sobrevivir mellor ao frío. A foto foi capturada polo alemán Klaus Hellmich na península de Varager en Noruega. 

Se queres coñecer o o resto de fotografías finalistas por categorías preme AQUÍ .

FONTE: nationalgeographic.com.es/fotografia e worldphoto.org

0 comentarios