TAL DÍA COMO HOXE: 24 DE FEBREIRO...
1525 Na batalla de Pavía, as tropas imperiais de Carlos I vencen ás francesas de Francisco I, co que se pon fin á Guerra dos Catro Anos.
1582 No Vaticano, Gregorio XIII anuncia o calendario gregoriano.
1868 En Estados Unidos, Andrew Johnson convértese no primeiro presidente sometido ao proceso de impeachment (destitución).
1896 O físico francés Henri Becquerel anuncia o descubrimento dunha radiación emitida polo uranio.
1909 Na localidade británica de Brighton, preséntase por primeira vez ao público o cinema en cor.
1917 En Petrogrado (capital zarista de Rusia), unha revolta devén nunha rebelión militar que obriga ao tsar Nicolás II a abdicar. Comeza así a Revolución Rusa.
1932 As Cortes da Segunda República Española aproban a lei do divorcio.
1946 En Arxentina, Juan Domingo Perón é elixido presidente. Evita convértese así en Primeira Dama.
1966 No marco da guerra de Vietnam, o fotógrafo xaponés Kyoichi Sawada rexistra a imaxe (que gañará un premio World Press) dun blindado M113 con soldados estadounidenses arrastrando o corpo dun soldado do Vietcong ata matalo.
1989 En España, o Consello de Ministros aproba a plena incorporación da muller a todas as armas, corpos e escalas das Forzas Armadas, aínda que non ten obrigación de cumprir o servizo militar.
FONTE: hoyenlahistoria.com Imaxes: es.themirror.com e infobae.com
0 comentarios