Continuo coas 12 mellores imaxes do ano capturadas con drons e seleccionadas por National Geographic e a rede social Dronestagram. Hoxe ESTRADA INFINITA A TRANSILVANIA.
O segundo premio da categoría Natureza foi para Calin Stan, romanés de 30 anos que se dedica profesionalmente á fotografía desde hai máis dunha década. A imaxe, subida a Dronestagram, está feita sobre a estrada a Transilvania: "A Cheia DN1A, esa que, como di a lenda, é a que vía o Conde Drácula cando voaba". Stan explicou á rede social que esta era a primeira estrada que fotografaba co seu dron para o Proxecto Estradas de Transilvania.
Se queres coñecer outros traballos diste fotógrafo, preme AQUÍ.
0 comentarios