WELCOME IMAGE AWARDS 2014
Imaxe gañadora dun implante cardiaco / Anders Persson/WELLCOME IMAGES
Os "Wellcome Image Awards 2014", organizado pola ONG sanitaria británica Wellcome, son premios, que como a institución británica "Wellcome Trust" o expresa, "celebran imaxes creativas e cativadoras, dando vida a unha grande cantidade de descubrimentos científicos e médicos. Dende detalles microscópicos, pasando por fotografías clínicas ata ilustracións, os premios son unha oportunidade para mostrar as imaxes que capturan a marabilla da ciencia".
Este ano a gañadora foi a impactante imaxe, en 3D e a cor, dun corazón artificial implantado no corpo dun enfermo. O seu autor foi Anders Persson, Director do Centro para a Visualización e as Imaxes Científicas da Universidade Linköping de Suecia.
Para visualizar o resto de fotografías do concurso preme AQUÍ.
FONTE: wellcomeimageawards.org e xornal el mundo/ciencia
0 comentarios