Blogia
vgomez

22 DE ABRIL 2023: DÍA DA TERRA

 

O Día da Terra ou Día Internacional da Nai Terra (Earth Day) pretende concienciar a todo mundo sobre a necesidade de protexer o medio ambiente e a conservación da biodiversidade. Ten como obxectivo frear a superpoblación, a contaminación e o uso responsable dos recursos naturais.

Hoxe, 22 de abril de 2023, baixo o lema "Inviste no noso planeta" (Invest in our Planet), numerosos países realizarán actividades de concienciación como conferencias, plantación de árbores, camiñadas e actividades relacionadas coa ecoloxía. É un día dedicado ao noso planeta e a recoñecer á Terra como o noso fogar, como a nosa nai.

A boa noticia é que este cambio de mentalidade depende de nós. Non temos que esperar ao 22 de abril de cada ano para facer cousas en favor do noso planeta. Só temos que cambiar os nosos malos hábitos. Non hai que consumir os recursos en exceso, non malgastar enerxía nin xerar refugallos innecesarios. A mellor herdanza que podemos deixar aos nosos fillos é amor, coñecemento e un planeta habitable.

O promotor deste día foi o senador estadounidense Gaylord Nelson (1916-205), que instaurou este día en 1970. Quería crear unha conciencia común aos problemas da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais. En definitiva... protexer a Terra.

As Nacións Unidas recoñecen que a Terra e os seus ecosistemas son o fogar da humanidade. Para alcanzar un xusto equilibrio entre as necesidades económicas, sociais e ambientais das xeracións presentes e futuras, é necesario promover a harmonía coa natureza e a Terra. É por isto que decidiron designar o 22 de Abril como o “Día Internacional da Nai Terra”.

Quedémonos con estas reflexión:

 "A Terra non pertence ao home, é o home o que pertence á Terra".

"A Terra non é unha herdanza dos nosos pais, senón un préstamo dos nosos fillos".

Comprometámonos!

0 comentarios