Facebook Twitter Google +1     Admin

SERPES ROBÓTICAS

Publicado: 14/10/2014 08:20 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20141012101408-14129606889934.jpg

Prototipo do robot / NICO ZEVALLOS e CHAOCHUI GONG

 

Os seres vivos sen extremidades, como as serpes, son capaces de atravesar calquera terreo. En particular, as serpes cascabel poden escalar as superficies inestables e inclinadas do deserto. Ata agora esta habilidade, coñecida como sidewinding, non se implementara en robots.

Varios experimentos, realizados por un grupo de investigadores da Universidade de Xeorxia, en colaboración coa Universidade de Carnegie Mellon e o Zoo de Atlanta, e publicados na revista Sciencere, revelan como funciona o mecanismo destas serpes "todoterreo" conseguindo, simultáneamente, que os robots imiten o movemento.

Segundo estas observacións, os científicos encontraron que as serpes, en contacto cunha superficie inclinada e inestable, como son as elevacións de area, aumentaban a lonxitude do seu corpo, e segundo a inclinación da superficie, facíano en maior ou menor medida.

Para determinar os patróns de movemento, o equipo investigou ao robot e as serpes nun recinto circular de area. Nesta superficie, construída no zoo de Atlanta, colocaron seis tipos de serpes que empregan este movemento para observar como escalaban os montículos de area en diferentes inclinacións. Calcularon ata que punto penetraban a area, cantos puntos de contacto se establecían entre o corpo e a superficie, e de que xeito cambiaba este comportamento en función do tipo de pendente.

Os investigadores decatáronse de que as serpes non se escorrían malia a inclinación, senón que ese movemento facía que conseguisen avanzar. A medida que a inclinación era máis pronunciada, as serpes aumentaban a lonxitude do seu corpo.

Seguidamente, os investigadores reconstruíron o movemento no robot, que emulou con éxito a capacidade das serpes.

Esta perspectiva, que pon de relevo como os científicos encontran na natureza principios biolóxicos que instalar a robots, consegue desenvolver, grazas a isto, novas capacidades: maior velocidade, mellor deslizamento e voo, entre otras.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.