Facebook Twitter Google +1     Admin

AS ORÍXES ACUÁTICAS DO SEXO

Publicado: 21/10/2014 08:15 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20141020170534-14138025014967.jpg

Recreación artística dos placodermos copulando / BRIAN CHOO/FLINDERS UNIVERSITY

 

A copulación e a fertilización interna xurdiu a través duns peixes prehistóricos chamados placodermos que poboaron a Terra hai 385 millóns de anos, segundo acaba de concluír un equipo de científicos e publicado na revista Nature.

Os extinguidos placodermos , primeiros antecesores vertebrados dos seres humanos, foron peixes con mandíbulas con placas cortantes, medían uns 8 centímetros de longo e habitaban os antigos lagos de Escocia e partes de Estonia e China.

A investigación mostra que os fósiles machos dos Microbrachius dicki, que pertence ao grupo dos antiarchios dos placodermos, desenvolveron uns membros xenitais osudos coa forma dunha L que lles permitía trasferir o esperma ás femias. Pola súa banda, as femias desenvolveran pequenos ósos pares para asegurar os órganos masculinos durante a copulación.

O descubrimento de como copulaban estes peixes produciuse o ano pasado cando estudaban un óso fósil da colección da Universidade de Tecnoloxía en Tallin, Estonia. Este fósil simboliza a forma máis primitiva que se coñece dun órgano sexual e demostra o primeiro uso dunha fertilización interna e unha copulación como unha estratexia reprodutiva coñecida nos rexistros paleontolóxicos.

"Microbrachius significa pequenos brazos. Os científicos estiveron desconcertados por séculos sobre a utilidade destes pares de brazos osudos. Resolveron este gran misterio porque sabemos que servían para a copulación, para que o macho poida posicionar o seu membro na área xenital da femia," comentase na investigación.

Consideran que os peixes copulaban nunha posición lateral (ver imaxe) o que permitía que o macho puidese manobrar os seus órganos xenitais na posición correcta para que este encontro sexual se produza, nunha especie de baile cadrado.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.