
SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente, empresa pública autonómica, creada no ano 1992) vén de editar un xogo en liña sobre residuos urbanos para escolares de Educación Secundaria (12 a 16 anos): Toma de Decisións.
Este xogo ten o fin de promover a reflexión dos mozos e mozas en torno aos hábitos de consumo e compras responsables, decidindo que debe facerse cos residuos xerados e avaliando as consecuencias das súas accións.
Se o queres coñecer só tes que premer AQUÍ.
FONTE: Sogama.es