Facebook Twitter Google +1     Admin

CINE: "INTERESTELLAR"

Publicado: 08/11/2014 09:02 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20141108090104-interstellar-366875261-large.jpg

Carátula da película / Imaxe: filmaffinity.com

Esta fin de emana chega aos cines a cinta “Interestellar”. Película baseada na teoría do experto en relatividade Kip S. Thorne, que afirma que os buratos de verme non só existen, senón que se poden usar como portais para viaxar no tempo.

Esta é a súa fiche técnica:

Título: Interstellar

Título Origxinal: Interstellar

Xénero: Ciencia Ficción

Nacionalidade: USA

Ano: 2014

Duración: 169 minutos

Director: Christopher Nolan

Guión: Jonathan Nolan, Kip Thorne

Música: Hans Zimmer

Fotografía: H. Van Hoytema

Reparto: Anne Hathaway, Matthew McConaughey, Jessica Chastain, Casey Affleck, Topher Grace, Mackenzie Foy, Michael Caine, Wes Bentley, David Oyelowo, John Lithgow, Ellen Burstyn, Elyes Gabel, Bill Irwin, Timothée Chalamet, David Gyasi

Sinopse: En plena crise mundial pola escaseza de comida pola morte dos cultivos, os gobernos e as nacións derrúbanse mentres que a NASA desapareceu por ser a culpable de todo o que agora acontece, mediante os seus actos no século XX.

Pero cando unha misteriosa greta no espazo-tempo se abre, os restos da agora desaparecida NASA teñan que volver reunirse para explorar e ofrecer unha última oportunidade para a salvación da Terra.

Un grupo de exploradores viaxan a través dese burato verme ata outra dimensión.

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.