Facebook Twitter Google +1     Admin
20141123092916-121230-calentamiento-global.jpg

Quentamento global / Imaxe: sdpnoticias.com

Os dez meses máis cálidos dende que se recollen datos.O ano 2014 é, ata outubro, o ano máis caloroso do que se ten noticIA. En concreto a media destes meses é 0,7 graos centígrados máis quente que a media de todo o século XX, que se situou en 14,1 graos para todo o planeta. Os rexistros que cos que traballa a Administración Nacional Oceánica e Atmosférica (NOAA), organismo que ofreceu os datos, remóntanse a 1880.

Ademais, outubro é o terceiro mes consecutivo e o quinto dos últimos seis que marcar récord histórico para a temperatura global. As altas temperaturas de outubro víronse empurradas pola calor tanto en superficies terrestres como oceánicas e tamén porque se distribuíu uniformemente por ambos os dous hemisferios. A escala mundial, as calurosas temperaturas de gran parte de América do Sur e Australia contribuíron decisivamente á temperatura media da superficie terrestre.

No hemisferio norte, tamén se notou unha calor inédita nas rexións costeiras occidentais dos Estados Unidos e gran parte de Extremo Oriente de Rusia. Tamén puxo o seu gran de area ao termómetro global a calor sufrida en boa parte do sur de Europa.
Por exemplo, España tamén marcou récord de temperatura en outubro: segundo a Axencia Española de Meteoroloxía, foi un mes "extremadamente cálido", cunha temperatura media de 18,7 graos, valor que supera en 3,3 a media do mes.

Foi, polo tanto, o mes de outubro máis cálido dende que se empezou a recoller rexistros en 1865. Ademais, en España o mes pasado foi lixeiramente máis seco do normal.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.