FAUNA EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN GALICIA II
En Galicia, segundo o catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, hai máis dunha vintena de especies en perigo de extinción. Continuo co apartado das aves, comezado o día pasado, que supón a metade desas especies en perigo de extinción.
Imaxes: Alcaraván (Burhinus oedicnemus) / Frank Vassen/Wikimedia e Arao (Uria aalge) / Wikimedia Commons
3. Alcaraván (Burhinus oedicnemus)
O alcaraván (Burhinus oedicnemus) está amplamente distribuído na península ibérica pero a súa presenza en Galicia é máis ben escasa. Atópase sobre todo na comarca da Limia e en certos areais costeiros, como as dunas de Corrubedo e as lagoas de Carrexal e Vixán. A intensificación agrícola e o excesivo uso de insecticidas son as principais ameazas dunha especie que adoita ocupar terreos chans e con pouco arborado.
4. Arao (Poboación nidificante) (Uria aalge)
Un dos elementos máis identificadores do arao (Uria aalge) son as súas cores, tan semellantes aos pingüíns. Dende Patrimonio Natural aseguran que se trata dunha das aves mariñas máis abundantes do planeta, mais na península só nidifica en Galicia. Para iso emprega repisas en cantís rochosos e furnas na Costa da Morte. Con todo, os datos que hai respecto desta especie son moi preocupantes: só sobreviven de dúas a catro parellas reprodutoras e non máis de 20 individuos durante a época de reprodución en Galicia. Están moi ameazos pola pesca e a contaminación mariña.
Continuará!
FONTE: gciencia.com/medioambiental
0 comentarios