Facebook Twitter Google +1     Admin

DEZ ANOS DO PROTOCOLO DE KIOTO

Publicado: 17/02/2015 09:33 por vgomez en ZONA VERDE

Así é o mapa da contaminación de España

O Protocolo de Kioto contra o cambio climático, cumpríu onte 10 anos en vigor. Durante este período, os 37 países industrializados e a UE, asinantes do acordo, lograron reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 22,6%, segundo os datos proporcionados pola Secretaría da Convención Marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC).

O tratado adoptouse o 11 de decembro de 1997 na cidade xaponesa que leva o seu nome, co obxectivo de reducir polo menos un 5% as emisións contaminantes entre 2008 e 2012, tomando como referencia os niveis de 1990. Non obstante, a súa entrada oficial en vigor foi o 16 de febreiro de 2005, cando Rusia rubricou o texto, cumpríndose así o requisito de que fose asinado polos países responsables de polo menos o 55% das emisións de CO2.

No caso de España, comprometeuse a limitar o aumento das súas emisións de CO2 nun máximo do 15% en relación ao ano base. Non obstante, no período 2008-2012, superamos o citado límite ata o 23,7%, aínda que cabe recordar que en 2004, o noso país emitía un 53% máis que en 1990.

Pero non só España ten tido que comprar emisións para poder cumprir coa súa cota en Kioto, tamén o fixeron países como Italia, Austria e Dinamarca.

O país que está na vangarda do cumprimento dos obxectivos de redución de Kioto é Suecia. Hai máis de vinte anos que este país introduciu unha fiscalidade específica sobre o CO2, e confía en alcanzar unha cota de renovables no consumo final de enerxía do 50% en 2020, fronte ao 20% da UE.

A segunda fase do Protocolo de Kioto, coñecida como a Emenda deDoha, quedou fixada en 2012 e entrará en vigor cando sexa ratificada por tres cuartas partes das partes asinantes do acordo.

Neste sentido, o Programa das Nacións Unidas para o Medio (PNUMA) urxe a estes países a acelerar a ratificación deste segundo compromiso, xa que en 2020 está previsto que se poña en marcha o acordo de París, que substituirá o de Kioto.

FONTE: Xornal Faro de Vigo

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.